top of page

O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola súa participación en igualdade cos homes na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

 

Co gallo deste día, no CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña) realizamos unha liña do tempo con carteis de mulleres representativas na historia.

A continuación, preséntanse as mulleres escollidas para formar parte dos pósters que expuxemos na nosa escola, ordenados por categorías. Cómpre explicitar que no apartado "Pioneiras" poden aparecer personaxes que pola súa actividade poderían pertencer a calquera outra categoría. O feito de incluílas nese apartado é para facer énfase no feito de ser "a primeira muller", é dicir, a que abriu as portas.

Esperemos que vos guste!

bottom of page